Kevidev

Software galego

Diñeiro compartido,
sen follas de cálculo.

Kevidev é un estudo de software con base en Galicia. CARTOS é a nosa aplicación para organizar gastos en grupo, consultar saldos e planificar as finanzas persoais nun só lugar.

Grupos e reparto flexible

Crea grupos para a casa, unha viaxe, a parella ou a familia e reparte cada gasto como prefiras: a partes iguais, por porcentaxe, por importe ou por liñas.

Saldos claros

Consulta quen pagou que, canto lle corresponde a cada persoa e que liquidacións quedan pendentes. Sen discusións e sen cadernos.

Finanzas persoais

Ademais dos grupos, CARTOS ten un espazo privado para ingresos, gastos, presupostos, obxectivos e investimentos.

Como comezar

  1. Crea a túa conta en CARTOS.
  2. Crea un grupo e engade o primeiro gasto.
  3. Comparte o enlace de invitación coas persoas do grupo.
  4. Consultade os saldos e liquidádeas cando faga falta.